"km0. Deputación de Lugo’ é un programa de visitas institucionais organizado e patrocinado pola Deputación ao que poden acollerse principalmente todo tipo de colectivos desta provincia.
Este programa pretende propiciar a organización de visitas a esta institución, con explicacións sobre os seus cometidos e actuacións, percorridos complementarios polas súas instalacións e servizos, así como por outros itinerarios provinciais que permitan poñer en valor os recursos, lugares e xentes do conxunto do noso territorio.
Este programa leva implícita a recollida no punto de orixe, traslados, visitas guiadas e acompañamento por persoal especializado, xantar, organización e xestións, seguros e retorno ao lugar de orixe. Exceptúase a adquisición de artigos ou obxectos realizados polos participantes no transcurso das visitas.
Cada visita está prevista para grupos dunhas 55 persoas aprox. e unha duración non superior a unha xornada, sen pernocta. Poderá prolongarse ou reducirse no tempo en función do itinerario establecido.
Todo colectivo interesado neste programa pode formalizar as súas peticións cubrindo a instancia de inscrición previa, que se cursará alomenos con 15 días de antelación á data prevista para a visita, a través da propia web do programa ou á oficina central ubicada no Servizo de Protocolo da Deputación, Rúa San Marcos 8, 27001 Lugo 982260075 Fax: 982260170 Km0@deputacionlugo.org www.km0.deputacionlugo.org
A partir da recepción da inscrición previa, a organización porase en contacto coas persoas interesadas para establecer o programa definitivo da visita, xestión que en calquer caso terá que realizarse cunha semana de antelación á data prevista para a mesma.
A partir da visita ao Pazo da Provincia e á súa complementaria, común a todas as rutas, a organización ten planificados diferentes itinerarios singulares polo conxunto da provincia para a súa elección por parte das persoas interesadas. Ademáis, existe a posibilidade de establecer rutas personalizadas sempre e cando se axusten ás condicións xerais establecidas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario