miércoles, 16 de julio de 2008

TODO A PUNTO PARA O TORNEO DE FÚTBOL SALA EN LAIOSA

Laiosa será o escenario do tradicional torneo de fútbol sala. Este evento deportivo desenrolarase entre os días 25 e 5 deste mes e agosto. Tódolos equipos que queiran formar parte neste campeonato deberán inscribirse antes do día 23 ás oito da tarde, xa que unha hora máis tarde se procederá ó sorteo dos grupos e os correspondentes emparexamentos.
O custo da inscripción ascende a 100 euros e inclue os gastos dos árbitros que son federados.
Os organizadores destinan 2.000 euros en premios. O campión embolsará 1.000 euros, o segundo clasificado 500 euros e o terceiro 2.00 euros, mentras que 150 euros serán para o primeiro do torneo de consolación.
Os encontros disputaranse na pista cuberta de Laiosa. Tamén percibirán trofeos os catro primeiros clasificados, o campión e o segundo de consolación, así como o mellor xogador do torneo.

No hay comentarios: