Calquera Inciano/a con acceso a internet pode dende onte comprobar os datos que manexa a Administración sobor do seu Concello, e incluso o seu núcleo de poboación, en canto a infraestructuras, poboación, servizos e un largo etcétera de categorías.
A información aparece recollida na Enquisa de Infraestructuras e Equipamentos Locais, un compedio de datos municipais que se renova cada 5 anos e que ata agora, tal e como manifestou o Presidente da Deputación, Xosé Ramón Besteiro "estaba literalmente metida nun caixón" . O documento está ó alcalce na páxina web da Deputación. http://www.deputacionlugo.org/
A Deputación Provincial aportará no presente exercicio cerca de 332.000 euros para mellorar a ferramenta e o seu contido, co fin de actualizar os datos , incorporar á totalidade dos núcleos de poboación e cumprir deste xeito coa normativa europea "Inspire", que obrigue as administracións a poñer a disposición dos cidadáns a información territorial da sua competencia.
Neste link podedes ver un resumo do noso Concello:
No hay comentarios:
Publicar un comentario