martes, 15 de julio de 2008

O CONCELLO DO INCIO NON SE ADHIRE Ó PACTO POLO EMPREGO DE LUGO QUE ARRANCA CUNHA PARTIDA DE 86.500 EUROS

O Pacto Territorial de emprego de Lugo comeza a sua andadura cun presuposto semestral de 86.546 euros, subvencionados en gran parte pola Consellería de Traballo. O Pacto Territorial de emprego de Lugo naceu en decembro do 2007 coa misión de planificar políticas laborais por un valor aproximado de 37 millóns de euros. Dous meses despois, os actores implicados no proxecto crearon a asociación promotora do pacto, cuxa xunta directiva acaba de aprobar para o seu primeiro trimestre de actuación un presuposto superior a 86.000 euros.
O primeiro obxectivo da UPD será a creación dun observatorio do mercado do traballo, que servirá para proporcionar información actualizada sobor da realidade sociolaboral e económica dos Concellos participantes.
O Plan de actuación fixado onte inclue a creación dunha base de datos das empresas e un mapa de servizos, así como a posta en marcha dun plan de captación de empresas, que ten como próposito recadar toda a información sobor do solo industrial e comercial do que dispoñen.
Para dar a coñecer as vantaxas do proxecto, crearase unha páxina web.
O Concello do Incio, como non podía ser doutro xeito, é un dos dez concellos que non se adheriu ó pacto polo emprego de Lugo, sendo de vital importancia levar a cabo políticas de emprego conxuntas no momento económico actual de desaceleración ou crise, de cara a adoptar medidas conxuntas entre tódolos Concellos.

No hay comentarios: