viernes, 11 de julio de 2008

UNHA VACA DO INCIO NA PASARELA

Xa o dicía Castelao "os concursos de vacas leiteiras valen máis que os concursos de beleza". E seguindo esta frase, o programa Luar da Televisión de Galicia leva anos celebrando un certame de beleza no que se escolle a Miss Vaca Galicia. Nesta edición, a representante da provincia de Lugo é Preciosa, unha vaca de 950 quilos, natural de Rubián de Cima, no Incio, e que en decembro cumprirá catro anos.
Preciosa, que xa ostenta o título de Miss Lugo e vive nunha granxa do Saviñao, é unha xenuína rubia galega non moi experimentada nisto dos concursos. De feito é a primeira vez que vai a un certame de beleza. ¡MOITA SORTE PRECIOSA!

No hay comentarios: