A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza investirá un total de 594.568 euros no financiamento da creación, posta en funcionamento e desenvolvemento dos servizos municipais de protección civil, segundo aparece reflectido este xoves no DOG.
Esta subvención afecta á adquisición dos equipamentos e o material necesario para a atención de urxencias así como aos medios e instalacións asignados a misións de protección civil relacionadas coas campañas de prevención de riscos —inundacións e fenómenos meteorolóxicos adversos, entre outros—, as activacións de plans e outras urxencias ordinarias.

Os beneficiados en Lugo son: A Pontenova, Burela, Cervo, Chantada, Foz, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, O Incio, O Vicedo, Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Ribadeo, Ribas de Sil, Taboada, Vilalba e Viveiro.
Para solicitar estas axudas, os concellos debían cumprir tres requisitos. Por unha banda, debían ter un servizo municipal de protección civil no momento de presentar a solicitude ou comprometerse a crealo nos dous meses seguintes á concesión da subvención.
Por outra banda, tiñan que contar, cun Plan de Urxencia Municipal (PEMU) ou na súa falta elaboralo e para rematar debían presentar as contas da entidade local correspondentes ao exercicio orzamentario 2006 no Consello de Contas.

O Concello do Incio percibiu da Xunta unha subvención por importe de 4745,05 euros cun importe máximo de investimento de 5582,41.
Para máis información consultar o DOG nº 133. XOVES, 10 xullo do 2008
No hay comentarios:
Publicar un comentario