martes, 26 de agosto de 2008

A DEPUTACIÓN ACOLLE HOXE UNHA CONFERENCIA SOBRE OS DANZAINES DA CERVELA

Ás 20.00 horas de hoxe na Deputación Provincial impartirá unha conferencia o investigador en danza e música tradicional Isidoro Rodríguez, que mediante proxeccións fotográficas achegará aos asistentes o tema Baile e danza na Galiza, desde o rito á ruada.
A conferencia, organizada polo colectivo LugoPatrimonio ten como obxectivo profundizar na historia e segredos que deron lugar a unha das danzas máis singulares e con personalidade máis atractiva que aínda se conservan en Galicia, como é a Danza da Cervela, que se vén celebrando todos os anos na parroquia do Concello do Íncio que da nome ao baile que alí se desenvolve o último domingo de agosto, día no que os veciños do lugar honran a Santa Lucía.
Pouco ou nada tería de extraordinario se non fose polo tipo e forma da danza, que foi transmitida desde tempos ancestrais.Algún veciño da freguesía afirma que se remonta a máis de cincocentos anos atrás e nos libros parroquiais hai amplas referencias documentais da mesma.
Ademais poden apreciarse certas similitudes históricas deste ritual, donde os danzaíns portan arcos engalanados por multitude de pequenos anacos (tiras) de cores, co danzarín pétreo que existe nun baixorelieve do monumento romano de Santa Eulalia de Bóveda.

No hay comentarios: