viernes, 29 de agosto de 2008

LUGO PATRIMONIO ORGANIZA UNHA VIAXE Ó INCIO ESTE DOMINGO

Lugo Patrimonio celebrará este domingo un viaxe á parroquia de O Incio A Cervela, para contemplar unha danza típica da zona. Tratase dunha actividade complementaria á conferencia impartida o pasado martes por Isidoro Rodríguez, presidente de "María Castaña", na que explicou os oríxes do baile, un dos máis singulares da provincia.
A saida está prevista para as nove e media da mañá. Os integrantes de Lugo Patrimonio teñen previsto visitar, ademáis da aldea, as ruinas da capela de San Roque e o pozo de San Roque. Tamén coñecerán a Igrexa de Santa Cruz do Incio, o balneario, e a Ferrería, Val do Mao, o Castro de Formigueiros e o conxunto de mámoas de Santa Mariña.

No hay comentarios: