Dous veciños de Buxán, Jesús Pereiro Saavedra de 79 anos, antigo concelleiro do PSOE no Incio, e o seu primo José Pereiro Fernández de 74 anos, agocharonse debaixo dun pino cando un raio caeu sobre o árbol e o destrouzou.
Eran as 9.30 horas cando os dous anciáns paseaban por un estreito camiño próximo as suas vivendas cando se encontraron e pararon a falar. Uns segundos máis tarde un raio impactaba contra o pino, baixo o que se agocharon da intensa choiva, e cruzaba por unha porta metálica ata o outro lado do muro que forma o peche dunha vivenda sita a escasos metros da árbore.
Foi o fillo dun dos feridos, quén os atopou tendidos e inconscientes no chan. Os dous primos foron trasladados dende O Incio ata o Hospital Xeral-Calde de Lugo, onde quedaron ingresados en observación, ainda que non se teme polas suas vidas, ó ser duas persoas de avanzada idade os médicos decidiron seguir a sua evolución de cerca. O último parte médico indicaba unha evolución favorable.
Dende a Agrupación Socialista do Incio desexamoslles unha pronta recuperación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario