
Este proxecto foi aprobado cos votos a favor do PP e do PSOE, mentras que os tres edís do BNG se abstiveron de votar nun proxecto que nun prazo de seis-oito anos implicará a gratuidade da corrente das instalacións do Concello e do alumeado público.
A Corporación municipal aprobou a creación duha sociedade económica mixta destinada á xestión das novas instalacións que terá a forma dunha sociedade de responsabilidade limitada cun capital social de algo máis de 3.000 euros. O 51% das participacións da sociedade serán do Concello e o restante adxudicarase en concurso a unha persoa física ou xurídica.
O proxecto de parque eólico deberá ser presentado polo Concello do Incio ante a Consellería de Innovación e Industria antes do 30 de setembro. A portavoz socialista do Concello do Incio, Laura Celeiro amosou a sua satisfacción polo proxecto "Dende a Agrupación Socialista do Incio sempre apoiaremos aquelas iniciativas que repercutan beneficios para os veciños/as do Concello do Incio, e máis un proxecto desta envergadura, un parque eólico que a curto prazo nos poderá levar a un aforro no gasto actual de enerxía eléctrica, e tendo en conta que os veciños/as da Cervela están a favor tamén de levar adiante este proxecto".
No hay comentarios:
Publicar un comentario