Os 31 veciños/as de Vilasouto celebraron no día de onte, nunha mestura de traballo e festa a sua "malla" tradicional á beira do embalse.
Música da Banda de Bóveda, viño, cerveza, comida e moitas ansia por lembrar o pasado era o que lles sobraba a estos veciños e a todos os que os quixeron acompañar.
Según o Presidente da Mancomunidade de Montes de Vilasouto, José Antonio Corujo, dende facía cerca de tres décadas non se celebraba unha actividade deste tipo co trigo como protagonista na parroquia. A palla será empregada para cubrir algunha das pallozas do Piornedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario