O vindeiro 24 de agosto o festival de música Terra Brava, que recibiu ese nome como homenaxe ao título do libro que Fole escribiu. O festival levarase a cabo nunha pequena carballeira situada na estrada que vai dende o Incio a Hospital, pola que tantas veces paseou o escritor lucense.
A xornada comezará pola mañá coa actuación do grupo de requinteiros A Requinta da Laxeira, que percorrerán as rúas da vila ata chegar á carballeira na que se desenrolará o festival. Polo mediodía celebrarase un xantar popular ao que a organización do evento estima que asistirán máis de catrocentas persoas. Tralo almorzo, terán lugar obradoiros de animación con xogos para os máis cativos e tamén para os maiores.
A sobremesa estará amenizada coa música tradicional a cargo dun grupo de requintas e de gaiteiros espontáneos. Ao longo da tarde actuará o contacontos Celso Fernández. As actividades previstas caracterízanse por ser diversas e por estar pensadas para todos os públicos.

A partir das nove da noite comezarán os concertos, coa actuación do grupo A Turre's Band, que ofrecerá un repertorio que vai dende o máis tranquilo swing ao desenfreo da música balcánica ou de ska. Despois tocaralle o quenda ao grupo Os Tres Trebóns, integrado por Xurxo Souto (voz), Fran Amil (batería) e Antón Díaz (baixo), que mesturarán a súa música reivindicativa e varios contos. O punto final porao Ultraqäns, unha banda coruñesa de spiz-folk que achegará ao público a súa nova proposta sonora.
Esta iniciativa, que xurdiu en 2003, está organizada pola asociación cultural Terra Brava, en colaboración coa asociación cultural A Ouriceira.

No hay comentarios:
Publicar un comentario