
Catro danzantes encargaronse de revivir esta costume, como ven sucedendo dende fai bastantes anos, ainda que en tempos anteriores o declive demográfico do rural, as danzas eran executadas por seis ou oito persoas.
A cerimonia desenrolouse nun reducido espazo que puido deixar libre o número público congregado no terreo diante da igrexa. Os danzantes, levaban arcos decorados con papeis de cores, bailaron a ritmo da muiñeira en torno ás imaxes de Santa Lucía, San Cristóbal, San Antonio e a Virxe do Rosario.
Ó festexo asistiu un bo número de membros da Asociación Cultural Lugopatrimonio, encabezados polo seu presidente, o escritor Lois Diéguez. Esta Entidade solicitou recentemente á Consellería de Cultura e a Deputación que poñan en marcha un plan para salvagardar ésta e outras festas tradicionais lucenses que ofrecen un especial valor cultural e histórico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario