A Deputación desenrolará un plan para recuperar e poñer en valor ritos festivos e outras costumes propias da provincia de Lugo que corren o risco de perderse no olvido. O plan desenrolarase en varias fases, as que se destinarán medios técnicos e económicos. Realizarase a recuperación, difusión e promoción das manifestacións singulares que ainda se conservan na provincia. Entre elas están o Entroido Ribeirao de Chantada e o Oso de Salcedo na Poboa de Brollón; as Fachas de Vilelos en O Saviñao, e as do Castelo de Taboada, as Pandeiras do Piornedo de Cervantes, as Danzas da Cervela no Incio, a representación do Meco no Caurel, e as Campónigas na Ermida e Souto do Val en Quiroga.
Os traballos de recuperación destas experiencias culturais faranse de xeito coordinado con asociacións que tratan de manter estas tradicións non sen certa dificultade. A dispersión e o envellecemento da poboación, ademáis da falta de infraestructuras, son algúns dos motivos polos que estos ritos non son fáciles de manter.
O proxecto, asemade contará con duas becas cuxa creación será aprobada mañá previsiblemente pola xunta de Goberno provincial. As axudas irán dirixidas a licenciados en Geografía e Historia e Humanidades, ou alumnos dos últimos anos de carreira que colaborarán aportando os seus coñecementos técnicos e traballarán coas asociacións e persoas vinculadas á conservación destos ritos festivos e manifestacións culturais que ainda se atopan na provincia de Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario