O traslado do grupo de petróglifos do Agro do Pepe, no Incio, suxerido polo arqueólogo Xabier Moure para impedir que se agrave o seu deterioro, non ten moitas posibilidades de levarse a cabo. Tal é o parecer do arqueólogo da delegación de Cultura en Lugo, Gonzalo Meijide, quen opina que unha medida deste tipo «sería imposible de acordo cos criterios que manexa actualmente a Dirección Xeral de Patrimonio».
Meijide sinala que as actuais normas de conservación inciden especialmente na necesidade de manter os elementos patrimoniais no seu emprazamento orixinal. Nestas circunstancias, o cambio de ubicación dun conxunto de gravados rupestres só sería factible en caso de que sufrise un risco inmediato de destrución, «como por exemplo, se polo lugar fose pasar unha autovía e non houbese maneira de cambiarlle o trazado». No caso dos petróglifos do Agro do Pepe, o risco de deterioro que supón a proximidade das augas do encoro de Vilasouto non xustificaría, ao seu xuízo, unha medida deste tipo. «Se a auga batese con moita forza no penedo dunha forma constante e houbese perigo de que desaparecesen en pouco tempo a causa da erosión, sería un aspecto a considerar, pero neste caso a auga só cubre a rocha en certas épocas e o risco non parece por agora tan grave como para tomar unha medida así», comenta.
Vandalismo
As agresións vandálicas sufridas por este monumento -inscricións talladas nos últimos anos na rocha xunto aos deseños prehistóricos- tampouco poden xustificar un traslado, engade Meijide. Segundo afirma, «en Galicia hai moitos petróglifos e non se poden cambiar de lugar polo feito de que padezan agresións. É unha praga que lamentablemente sufren moitos dos nosos monumentos e que ten díficil solución, porque non podemos poñer gardas en todas partes e porque o vandalismo é un problema de educación que debe resolver toda a sociedade, non os servizos de conservación do patrimonio», agrega.

No hay comentarios:
Publicar un comentario