domingo, 14 de septiembre de 2008

O PSOE DO INCIO NON PRECISA PLUMAS SR. CAMINO

A Agrupación Socialista do Incio está sorprendida coa reacción do Sr. Alcalde, entendemos que efectivamente son moitos anos os que leva na Alcaldía e que se lle terán ocurrido moitas propostas, sen embargo, dende A Agrupación Socialista pensamos no dito “Obras son amores e non boas intencións”, nos solicitamos efectivamente a desafectación en primeiro lugar, e en segundo lugar, e con máis importancia debido a que a desafectación pode levar un tempo longo, e moitos trámites, a oferta de que se cursara autorización perante a Consellería de Educación cuestión que voltamos a reivindicar, para que o máis axiña posible, e o longo deste ano, puideramos todos xa dispoñer dun local útil para a celebración de toda clase de actos.
Dende A Agrupación Socialista do Incio, seguiremos traballando na mesma liña, propoñendo todas as actuacións que redunden no beneficio para os nosos veciños, mostra diso é o noso apoio recente a favor do parque eólico singular no Incio, instamos ó grupo de goberno que siga o noso exemplo e non se fixe en quén presenta antes as propostas, senón que se preocupe de levalas á práctica.

No hay comentarios: