O grupo municipal socialista do Incio presentará no vindeiro pleno unha moción na que propón soliciatar á Consellería de Educación a desafectación do edificio de Prescolar - situado nas inmediacións do Colexio "Ricardo Gasset" do municipio, co fin de destinalo a un local de usos múltiples.
Según a portavoz, Laura Celeiro "cada vez son menos nenos matriculados neste ciclo polo que poderían reagrupar os nenos de prescolar no colexio destinado aos cursos de primaria, que dispón de aulas dabondo para a súa ubicación, quedando deste xeito libre na sua totalidade e de forma independente o edificio de prescolar".
Éste destinaríase a un local de usos múltiples, o que inclúe reunións de todo tipo, veciños, grupos políticos, conferencias, debido a que na actualidade non hai locales adecuados para desenrolar esta actividades.
Según añade, a desafectación do inmoble pode conlevar numerosos requisitos e una longa tramitación, polo que propón que mentras ésta non se fai efectiva, se solicite a pertinente autorización á Consellería de Educación, para poder utilizar o edificio de prescolar ó longo do ano lectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario