miércoles, 15 de octubre de 2008

O ALCALDE DO INCIO PERDE O CONTENCIOSO CONTRA MEDIO RURAL

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o contencioso presentado polo Concello do Incio contra a retirada do Convenio que firmou en maio do 2005 a Entidade Local coa antiga Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural para realizar diversas obras no municipio. Este Convenio formaba parte dun programa de mellora de infraestructuras rurais elaborado polo anterior goberno da Xunta pouco antes das anteriores eleccións autonómicas, que contemplaba numerosas actuacións en diversos concellos. A Consellería de Medio Rural, posteriormente paralizou a execución deste plan e rediseñou as actuacións previstas nel, o que provocou un movemento de rexeitamento por parte de varios concellos gobernados polo PP.
A sentenza señala que a Consellería de Medio Rural obrou lexítimamente ó suspender os convenios do 2005, xa que unha das suas cláusulas establecía que poderían quedar sen efecto sólo con que o decidise unhas das partes implicadas. O tribunal, recoñeceu o dereito do Concello do Incio a ser indemnizado polos gastos administrativos que lle supuxo no seu momento a posta en marcha do Convenio. O Goberno Local cifrou estos gastos en 178,40 euros, pero a sentenza indica que por agora non se acreditou documentalmente a devandita cantidade.

No hay comentarios: