jueves, 16 de octubre de 2008

A DIPUTACIÓN DE LUGO SUBVENCIONARÁ DESBROCES NO INCIO

A Deputación Provincial de Lugo concedeu ó noso Concello unha subvención por importe de 15.587,25€, para acometer desbroces en vías municipais do Incio.
Esta subvención entra no plan xestionado polo ente provincial, no que se destinaron 607.800 euros para realizar obras en municipios de menos de 5000 habitantes, excluidos os 17 que se beneficiarán das inversións do canón hidroeléctrico.
A subvención máxima é de 17.000 euros e cada Concello debía comprometerse a asumir polo menos 30% do custo do proxecto.
As obras solicitadas polo Concello do Incio, para acometer desbroces en vías municipais, tiña un custo de 22.267,50, foi concedida neste caso unha subvención por valor de 15.587,25€.

No hay comentarios: