Operarios dunha empresa de servizos ambientais están levando a cabo o reacondicionamento da Ruta do Ferro do Incio, un dos máis antigos itinerarios de sendeirismo do sur lucense, que desde hai anos se encontraba moi deteriorado a causa da desaparición da sinalización e da maleza que invadía boa parte do percorrido. A operación foi financiada pola Consellería de Medio Rural, dentro dos seus programas de melloras de infraestruturas rurais, a petición da comunidade de montes da parroquia de San Pedro do Incio.
Os traballos que se realizan actualmente comprenden, por unha parte, a reposición dos letreiros e paneis que indican o trazado da ruta sobre o terreo. O primeiros sinais, instalados na pasada década, deterioráronse a causa da intemperie e do vandalismo ata desaparecer praticamente por completo. A sinalización xa fora reposta a principios deste decenio, pero tardou pouco tempo en deteriorarse. Por outro lado, estase a desbravar a vexetación que crecía descontroladamente nas marxes do camiño e que ocultaba as entradas das cinco antigas minas de ferro que forman parte deste itinerario. A actuación completarase coa construción dunha pequena área de descanso.
A Ruta do Ferro ten un percorrido de 12,6 quilómetros e ten o seu punto de partida na localidade da Ferrería. Un dos principais atractivos do percorrido é un tramo de menos de tres quilómetros no que poden verse as bocas das minas coñecidas como Avión, A Tinta, Fonte Barrosa, O Couso e O Bouzallo de San Miguel. Outras paraxes destacadas da ruta son o miradoiro de Pena do Chao e a Cova das Choias, unha gruta natural que foi explotada como xacemento de ferro.
Por outro lado, a comunidade de montes da parroquiad e San Pedro está a levar a cabo o acondicionamento de en torno a sesenta hectáreas de terreo para dedicalas á cría de vacas de raza rubia galega. Boa parte destes terreos estaba abandonados desde que deixaron de ser utilizados para o cultivo tradicional do centeo, o que sucedeu hai xa moitos anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario