O día 23 de outubro do 2008 tivo lugar no Restaurante A Baioca do Incio unha reunión á que estaban convocados tódolos afiliados/as do PSDG-PSOE do Incio para a elección da executiva municipal da Agrupación Socialista do Incio. Só se presentou unha lista, que foi respaldada por unanimidade dos afiliados/as presentes. A Executiva Municipal do PSDG-PSOE quedou como segue, con novas incorporacións de xente nova e con máis presenza de mulleres. O Secretario Xeral é Miguel Ángel Moscoso Mao, Secretario de Organización José Carlos Pereiro Vázquez, Secretaria de Política Municipal Laura Celeiro García, Secretario de Acción Rural José Antonio Vilar Fernández e Secretaria de Acción Electoral Mari Carmen González Jato.
Tódolos membros da nova executiva apostaron por seguir traballando con moita ansia polo Incio e "estimular" á xente nova para que participe na vida política do Municipio a través do partido socialista, o partido, sen lugar a dúbidas do futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario