miércoles, 5 de noviembre de 2008

O PSOE DO INCIO CONTESTA AS DECLARACIÓNS EFECTUADAS POLO REXEDOR POPULAR NAS QUE SOLICITABA A ANULACIÓN DA CITA PREVIA

A Agrupación Socialista do Incio, que encabeza Laura Celeiro, opinou onte que o novo sistema de cita previa posta en marcha por Sanidade "beneficia" os veciños e empregados do Centro de Saúde.
Os socialistas pronuncianse así despois de que o Alcalde, Ángel Camino, pedise a anulación deste sistema por entender que perxudica os maiores da zona rural e incrementa o custo para o bolsillo do paciente.
Según o PSOE do Incio o novo número (902 077 333) "beneficia" os veciños/as porque amplía o horario para dar cita médica dende as 8:00 ata as 21:00 horas, cando anteriormente era de 8:00 a 15:00 horas. Ademáis, os usuarios "Entran en contacto directo cunha centraliña de operadores, que lles facilitarán a sua cita sen perda de tempo"engade. Na sua opinión, tamén sae beneficiado o persoal administrativo do centro de saúde ó verse "liberado de atender o teléfono para poder centrarse noutros labores como ó de focalizar unha mellor atención os usuarios do centro de saúde".
Con respecto ó custe, dice que é igual que unha chamada urbana e que se mantén un número convencional ó que poden chamar os veciños/as para sacar vantaxe da tarifa plana que teñan contratada" argumenta Celeiro, quén valora a posibilidade de solicitar cita previa por internet.
Por último, os socialistas declaran que o alcalde que "debería ter concentrado os esforzos en loitar por acadar o tratamento de alta montaña para o Incio", en lugar de "declarar persoas non gratas aos conselleiros do seu partido".

No hay comentarios: