
Os presupostos da Xunta de Galicia para o 2009 contemplan partidas específicas para a comarca de Sarria que suman un total de 18.584.493 euros, según asegurou onte secretario xeral dos socialistas sarrianos, Miguel Anxo Fernández.
Ó longo dunha comparecencia xunto cos Alcaldes de Sarria, Láncara e Triacastela, e representantes do PSOE do Incio, Páramo e Paradela, Fernández afirmou que, a estos 18,5 millóns de euros, se suman unha partida de tres millóns de euros para a ampliación do centro de saúde máis a inversión xa comprometida para o centro de día.
Según dixo, dos 18,5 millóns, 13,3 adicaranse ás obras do corredor, 561.000 invertiranse na Comarca (mellora ambiental de concellos, axudas en medio ambiente industrial, subvencións a escuelas e conservatorios de música, plan concertado de prestacións sociais...), e outros 3,5 millóns destinaranse en exclusiva ó municipio de Sarria para cometer obras para o acondicionamento da LU636, o novo abastecemento de auga (1,3 millóns), o parque de bombeiros (cerca de 700.000 euros) ou traballos de rehabilitación (379.000 euros).
Os 1,7 millóns restantes invirtense en obras de abastecemento de augas nos municipios da comarca (con un mínimo de 167.000 euros por concello) e na construcción de vivendas sociais no Incio (150.000 euros), dixo.
"Hai que engadir tamén outra parte que se atopa en partidas xenéricas dos máis de 486 millóns que veñen de forma xenérica para a provincia de Lugo, dos que unha parte proporcional corresponde a Sarria", engadiu Fernández.
No hay comentarios:
Publicar un comentario