O PSOE do Incio presentará hoxe unha moción no pleno sobre a inversión dos 386.719 euros procedentes dos fondos estatales de inversión que lle corresponden ó municipio. Os socialistas recollen ademáis as suxestións recollidas entre os veciños e veciñas nas semanas anteriores.
As propostas, según a sua prioridade e ata completar a totalidade do presuposto son: acondicionamento dos accesos a Bardaos na Costa da Lama, finalización da mellora do acceso a Teimoi, a construcción dun camiño no monte do Teso como cortalume para protexer o núcleo de Martín e a dotación de servizos de saneamento e abastecemento de Cervela e Noilán.
Os socialistas tamén plantean a dotación de saneamento en Calvos, o acondicionamento da antiga escola e o cerre do pabellón de Eirexalba, ademáis da construcción dun local social e un telecentro en Vilademouros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario