A verdade se hai que definir con algunha palabra o pleno acontecido no Concello do Incio no día de hoxe, foi : sorprendente.
Cando chegamos á primeira hora da maña atopamonos co Concello invadido de xente, o primeiro que pensamos foi ¿Qué regalan aquí? Qué equivocados estabamos ... Viñan ó pleno!!!... iso sí que era unha sorpresa porque dende que comenzamos esta andaina política nunca houbera tanta xente. Como logo afirmou o portavoz do BNG "este pleno ten miga", naquel momento non o entendemos pero a situación fixose máis clara cando o BNG presentou dezasete mocións (moitas delas xa repetidas) e entón todo tornou claro claro, o pique era BNG-PP. Tensión que se mantivo ó longo do pleno.
Os socialistas do Incio presentamos no pleno duas mocións para a aplicación dos fondos de inversión local, pero por desgraza non foron tidas en conta polo equipo de Goberno, que dixo estar traballando nos proxectos, pero non quixo adiantar de cales se trataban, reina o silencio absoluto ó respecto no Concello do Incio.
Esperamos que no futuro os plenos volvan á normalidade dos últimos meses, onde a formalidade e a normalidade volvan ó seu cauce, e oxalá que novamente os plenos do Incio estén ateigados de xente interesada por ver cómo se desenrola a política no Incio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario