Solicitaron autorización para cortar carballo americano pero en realidade tallaron a matarrasa varias leiras de carballos e bidueiros, especies autóctonas con protección especial para as que é necesario un informe previo de viabilidade por parte dun axente forestal. é o que ocorreu no Incio, segundo unha denuncia administrativa de data 3 de abril. Un axente acudiuse o pasado 13 de marzo no lugar de Cervela, onde un maderista pontevedrés realizaba labores de curta en leiras dunha propietaria, tamén residente en Pontevedra, que suman 3,5 hectáreas.
Segundo a denuncia, o maderista solicitou catro permisos para tallar máis de mil pés de carballo americano (Quercur rubra), para os que só adoita pedirse comunicación como ocorre cos piñeiros, pero os axentes observaron que a masa arboredo estaba formada no seu maior parte por carballos (Quercus robur) e bidueiros (Betula sp.), incluíndo algúns nunha leira con pequena vaguada que podería estar afectada por algunha protección da Lei de Augas. En ningunha delas apreciaron signos de haber estado plantada con carballo americano. Nalgunha delas non se comezou a curta e noutras non coincidían as autorizacións pedidas coas referencias catastrais. Nos depósitos de madeira só atoparon carballos e bidueiros antigos tallados a matarrasa, cando polo xeral nas novas autorizacións hai que deixar unha parte en pé.

PUBLICADO NA VOZ DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario