miércoles, 22 de abril de 2009

ACEPTA UN ANO DE CÁRCERE O MOZO QUE PLANTOU 17 PLANTAS DE MARIHUANA NO INCIO

O xuzgado do Penal número 2 da capital lucense impuxo onte unha pena dun ano de prisión e 2.600 euros de multa a M.P.L, de 31 anos de idade, por plantar marihuana nun monte do Incio.
Según se corresponde co escrito de conclusións provisionais do Ministerio Fiscal, o acusado estivo cultivando 17 plantas de marihuana nas inmediacións do monte de Custodia en Rubián de Cima-Alto de Carballal no municipio do Incio.
O ministerio público señalou ademáis que o mozo cultivou a droga co ánimo de destinar o seu producto ó tráfico, polo que foi acusado dun delito contra a saúde pública na sua modalidade de tráfico de drogas que non causan grave dano a saúde.
Trala sua desecación e desramado, as plantas incautadas pola Garda Civil arroxaron un produto neto de 884,352 gramos de cannabis, que alcanzarían no mercado ílicito un custo total de 2.599 euros.

No hay comentarios: