jueves, 23 de abril de 2009

MANUEL VÁZQUEZ REUNESE EN MONFORTE COS DELEGADOS DO PSOE

O deputado e ex conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vázquez reuniuse onte en Monforte cos delegados das comarcas de Lemos, Sarria e Chantada que foron elixidos para representar ás súas respectivas agrupacións no próximo congreso dos socialistas galegos, que se celebrará en Pontevedra os días 24 e 25 de abril. O encontro tivo lugar na sede monfortina do PSOE e serviu para que Manuel Vázquez, aspirante a substituír a Touriño na secretaría xeral, expuxese aos delegados a súa visión do proceso de cambio que afronta o partido.
Doutra banda, o pasado martes os delegados dos nove municipios que integran a comarca de Lemos acordaron por unanimidade designar a José Tomé como portavoz da zona no próximo congreso.
Será maña ás 20:00 horas na sede do partido socialista en Lugo, cando Gonzalo Caballero teña oportunidade de explicar o seu proxecto de cambio de cara o congreso que se celebrará esta fin de semana en Pontevedra.

No hay comentarios: