jueves, 18 de junio de 2009

A DEPUTACIÓN DE LUGO ACHEGA 5858€ PARA O ENSANCHE DUN CAMIÑO EN PEDROUZOS (TOLDAOS)


A Agrupación de Veciños da parroquia de Toldaos con cargo as obras de comunidades veciñais pertencentes a anualidade 2008, percibiu unha axuda do 75% para acometer as obras de ensanche e mellora dun camiño na aldea de Pedrouzos, así como o levantamento dun muro de contención no devandito lugar. O ente provincial achetou unha axuda por valor de 5858,50€. Actualmente as obras de acondicionamento están rematadas. Nestas fotografías que se xuntan pode verse claramente a necesidade de acondicionamento do camiño obxecto da axuda.

No hay comentarios: