

O grupo municipal socialista a través da súa concelleira Laura Celeiro solicitará no vindeiro pleno ordinario do 7 de xullo a través dunha moción: A rehabilitación e posta en valor da igrexa vella de Vilasouto.
As beiras do encoro de Vilasouto conservase unha importante mostra do patrimonio histórico do municipio do Incio, a igrexa románica de San Mamede de Vilasouto que data do século XII.Este templo foi queimado o día 9 de xuño de 1936 ( o incendio afectou o retablo e a cuberta), o incendio foi calificado de intencionado debido á situación política do momento, foron posteriormente os veciños do lugar os que deron comenzo as obras de restauración. O templo está cerrado ó público dende o ano 1970, ó crearse o encoro de Vilasouto e quedar alonxado do pobo, o que deu paso á construcción dunha igrexa nova no medio do pobo. Presenta na actualidade un lamentable estado de abandono e deterioro: O teito está caendo, o chan de tablóns está desfeito e levantado, as silvas e maleza rodean o edificio, e incluso foi obxecto de expolios co roubo da antiga pía bautismal de granito (século XVI-XVII) o pasado ano. Pese a todo, quedan ainda vestixios no interior do que foi un esplendoroso templo parroquial, como por exemplo columnas graníticas, elementos decorativos, etc.Dende o grupo municipal socialista entendemos que é preciso que dende o Concello se busque financiaciación coas diferentes administracións para acometer as obras de rehabilitación e posta en valor do templo de San Mamede de Vilasouto, por os motivos que a continuación se explican: En primeiro lugar polo estado de ruindade e perigosidade no que se atopa o inmoble, é importante recordar que ainda que a igrexa quedou en desuso o cimenterio da parroquia de Vilasouto sigue estando ó redor da igrexa vella de San Mamede co risco que conleva, así como a situación privilexiada na que está anclada o inmoble (final da ruta de sendeirismo do encoro de Vilasouto) e finalmente a importancia do patrimonio histórico do Incio que de non acometerse actuación algunha está condenada a pérdida.
Laura Celeiro, portavoz socialista afirma: "que o proxecto de rehabilitación do templo de San Mamede conlevaría a recuperación dun importante patrimonio cultural pertencente á parroquia de Vilasouto, así como a mellora dun templo (que polo lugar no que está situado) ás beiras do encoro e visitado por moita xente foránea , e finalmente a rehabilitación da igrexa vella de Vilasouto daríalle un servizo engadido os veciños e veciñas do lugar que poderían celebrar alí diferentes oficios relixiosos (enterran no cimenterio que rodea a igrexa)".
Dende o Grupo Municipal Socialista somos conscientes dos momentos de dificultade económica que atravesa o noso Concello e por elo, que pedimos que se busque financiación nas diferentes administracións para poder acometer este ambicioso proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario