Un tractorista resultou ferido de consideración ao ser alcanzado pola coitela dunha rozadora cando traballaba nunha leira do Incio. O home foi trasladado a un centro sanitario nun helicóptero de urxencias. é o segundo accidente de tractor ocorrido nos últimos quince días no sur da provincia de Lugo.
O accidente de onte ocorreu ás sete e cuarto da tarde nunha leira agrícola situada no lugar de Vila de Abaixo, na parroquia de Laiosa. Javier V. T., traballador dunha empresa de limpeza de montes, conducía un tractor dotado cun brazo de roza articulada que utilizaba para cortar a maleza que crecera nos bordos da leira. Xa se dispuña a concluír a súa xornada laboral cando unha das coitelas da rozadora rompeu e saíu disparada cara á cabina. A peza atravesou o parabrisas e deulle ao condutor na cabeza. O golpe produciulle feridas de consideración no rostro e nunha orella. A coitela entrou por un dos laterais da cabina e saíu polo outro. O interior do vehículo quedou completamente salpicado de sangue.
A voz de alarma deuna o propietario da leira, que estaba á beira do tractor no momento no que se produciu o accidente, porque acudira a darlle algo de beber á vítima e a dicirlle que xa podía deixar de traballar. Ao parecer, o suceso produciuse cando o condutor aproveitaba que saía da leira para repasar un dos extremos do terreo.
Poucos minutos despois presentáronse no lugar unha ambulancia e o helicóptero do servizo de urxencias 112 con base en Ourense. O condutor do tractor non perdeu o coñecemento en ningún momento e foi trasladado no helicóptero logo dos sanitarios fixésenlle as primeiras curas. Javier V.T. é veciño de Bóveda e naceu en 1987.

No hay comentarios:
Publicar un comentario