martes, 7 de julio de 2009

VILASOUTO QUEDA SEN CENTRO DE INTERPRETACIÓN


O grupo municipal socialista co ánimo de impulsar o fermoso paisaxe co que conta o noso municipio no enclave de Vilasouto presentou unha moción ó pleno para que dende o Concello do Incio se adoptaran as medidas oportunas para tramitar coa Consellería de Medio Ambiente a creación dun centro de interpretación tanto do encoro de Vilasouto como do importante patrimonio histórico e arqueolóxico da zona.
O centro de interpretación que sería o aire libre (tal como se está facendo noutras localidades con encoro) consistiría na exposición fotográfica dende a creación do encoro no ano 1968, así como da igrexa vella de San Mamede de Vilasouto, así como a alusión o enclave arqueolóxico "Agro do Pepe".
Cos votos en contra do PP non saiu a diante a moción.
No mesmo pleno o partido socialista solicitaba o acondicionamento da Igrexa vella de San Mamede, cuxo acordo foi adoptado por unanimidade dos membros do pleno corporativo, acordandose esixir ó obispado que adopte as medidas oportunas para a sua restauración e posta en valor.
Tampouco sairon adiante as propostas socialistas respecto a creación dun circuito de cine rural nas distintas parroquias do Incio, así como a petición de instar á Xunta á continuación do programa de gratuidade dos libros de texto na ensinanza obrigatoria.
O Alcalde asemade rexeitou os rogos presentados polo partido socialista que consistían na instalación dun quitamedos no lugar da Cruz e a limpeza da antiga escola de Lebón.
O rogo presentado para o recheo dos baches de Teimoi non foi tido en conta pola Alcaldía.

No hay comentarios: