lunes, 6 de julio de 2009

LIBROS DE TEXTO GRATUITOS PARA TOD@S

Os socialistas do Incio pedirán no pleno ordinario do día 7 de xullo, a través dunha moción, a restauración do programa de gratuidade dos libros de texto para tódolos nenos e nenas.
Os socialistas sempre temos defendido a implantación na sociedade de dereitos cidadáns universais. A Educación e a Sanidade son un claro exemplo e así o entende a meirande parte da sociedade galega. Así pois, ao igual que defendemos un modelo de sanidade pública de calidade, universal e gratuito para todos e todas, tamén defendemos un sistema educativo público de calidade, universal e gratuito para tod@s.
Os socialistas, no pasado mandato, conseguimos dar un gran avance de cara a consecución dun sistema educativo que cumprira as esixencias de calidade e universalidade, pero tamén cara á súa gratuidade como dereito dos cidadáns. Así, os socialistas conseguimos implantar en tan só catro anos en todos os centros sostidos con fondos públicos, e en tódolos niveis do ensino obrigatorio, un programa de gratuidade de libros de texto para todos e todas.
O partido popular pretende levar adiante a supresión do dereito a unha educación gratuita. Ademáis, impediron cos seus votos as iniciativas impulsadas no parlamento galego instando á Xunta de Galicia a continuar co programa de gratuidade de libros de texto no ensino obrigatorio.
Deste modo, o Partido Popular pretende suprimir a gratuidade dos libros de texto a máis do 75% das familias galegas. Esta reducción dos dereitos tórnase máis evidente nunha época de crise económica que afectará ás nais e pais que en setembro terán que mercar os libros de texto dos seus fill@s.
Polo exposto, sometemos a consideración do Pleno esta moción para que se adopte o seguinte ACORDO:

1.- Que o Pleno do Concello do Incio en base a que a educación constitúe un dereito básico e universal de toda a cidadanía inste á Xunta de Galicia a continuar co modelo de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio impulsado polo goberno anterior, na procura dun sistema educativo universal, de calidade e gratuito para tod@s.

No hay comentarios: