lunes, 6 de julio de 2009

O PSOE DO INCIO PROPÓN A CREACIÓN DUN CIRCUITO DE CINE RURAL


Agora que comenza o verán é o momento oportuno para facer algunha actividade innovadora e de lecer para desenrolar nos próximos meses estivales.
No Concello do Incio, existe un importante fervor asociacionista unido a existencia de numerosos locais sociais distribuidos polas distintas parroquias do noso municipio (Eirexalba, Vilasouto, Laiosa, A Cervela, O Incio, Val do Mao…), ámbalas dúas condicións poderían aproveitarse para ofrecerlles a tódolos veciños/as do Concello (e de tódalas idades) unha alternativa de ocio innovadora é o mellor de todo a baixo custo ou incluso custo cero.
A actividade de ocio que se propón no texto desta moción consistiría na proxección de películas de cine que se faría contando coa colaboración e apoio de CINEMAS DIXITAIS (dependentes da Axencia Audiovisual Galega), que aportarían as películas obxecto de proxección.
Coa creación dun circuito de cine do rural nas diferentes parroquias do Incio poñeriase freo a desertización do Concello do Incio en canto a oferta de ocio, ademáis de promocinar produccións galegas e achegalas á xente das parroquias do Incio.

Por todo o exposto, propoño a este Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:

1. Que o Concello do Incio contrate con CINEMAS DIXITAIS (AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA) films/proxeccións de películas galegas para ofrecer os veciños/as do Incio unha alternativa de ocio innovadora.

2. Que o Concello do Incio, aproveitando os numerosos centros sociais existentes no Concello cree un circuito de cine proxectando unha película/ por semana en cada local social do municipio (Cervela, Eirexalba, Vilasouto, Laiosa, …), para que a oferta cultural chegue a un maior número de veciños/as.

No hay comentarios: