viernes, 23 de octubre de 2009

O GOBERNO APROBA UN NOVO FONDO DE 5.000 MILLÓNS DE EUROS PARA OS CONCELLOS

O Goberno aprobou hoxe un novo Fondo Estatal para o emprego e a sostenibilidade Local, dotado con 5.000 millóns de euros. O novo Fondo vai supoñer un importante estímulo da economía e o emprego, ó igual que o foi e o está sendo ainda o actual Fondo Local do Plan E.
Os proxectos que vai financiar son distintos porque terán que estar relacionados co novo modelo productivo e de economía sostible que o Goberno pretende impulsar.
Tamén e a diferencia do actual Fondo Local, os concelloso van poder destinar ata o 20% do diñeiro que lles corresponda a financiar gastos correntes con unha finalidade social, especialmente os vinculados a educación e dependencia.
Entre os proxectos financiables por este fondo estarán:
  1. Parques empresariales.
  2. Parques científicos e tecnolóxicos.
  3. Centros de conocemento.
  4. Viveiros de empresa
  5. Dotación de infraestructuras para o desplegue e acceso as redes de telecomunicación de nova xeración.
  6. Os proxectos destinados a impulsar o aforro e a eficiencia enerxética e a accesibilidade e utilización das enerxías renovables.
  7. Construcción, adecuación, rehabilitación ou mellora de centros de servicios sociais, sanitarios, culturais e deportivos.
  8. Gastos correntes relativos a educación, servizos de atención a persoas dependentes, e os derivados das prestacións de servizos sociais e de promoción e reinserción social.

O fondo de inversión local constitúe a maior inversión da historia nos Concellos en total 13.000 millóns de euros de inversión extraordinaria en só dous anos.

No hay comentarios: