viernes, 23 de octubre de 2009

¿POR QUÉ NON REMATAN AS OBRAS DA ESTRADA QUE UNE SANTA CRUZ CON HOSPITAL?

Un xa non sabe se rir ou chorar cando vai á Cruz do Incio, e ve como as obras que unen a capitalidade do Concello con Hospital están sen rematar. Fai aproximadamente un ano, os socialistas do Incio anunciabamos que se ia proceder ó acondicionamento da estrada que une Santa Cruz do Incio con Hospital atendendo as reivindicacións dos veciños/as do Incio. O goberno de Emilio Pérez Touriño destinou 200.000€ o acondicionamento deste vial, que consistía entre outras actuacións en rexenar o asfalto, pintar e colocación de sinalización vertical e horizontal.
Os traballos de mellora comenzaron aproximadamente no nadal do pasado ano, pero a día de hoxe as obras de acondicionamento non remataron. En maio do pasado ano anunciabamos que estaban a pique de rematar. Craso erro. Coido que descoñeciamos os socialistas que se tratara da obra do Escorial e non do acondicionamento dun vial de escasos 2 kilómetros.
Por iso resultan curiosas as notas de prensa, grandes titulares da Xunta de Galicia anunciando a licitación para o acondicionamento de novos viais ... cómo van facer máis estradas senón dan rematado un tramo de kilómetro e medio. Mal vamos.

No hay comentarios: