martes, 27 de octubre de 2009

O PSOE DO INCIO PEDIRÁ UN CAIXEIRO PARA RENOVAR AS DEMANDAS DE EMPREGO

O PSOE do Incio pedirá a través dun escrito dirixido á xunta de goberno local, un punto de información para o Concello do Incio.
O Concello do Incio non dispón na actualidade deste servicio co que sen embargo xa contan outros municipios da comarca como é o caso de Sarria, Láncara, Páramo, Samos ou Triacastela, e que permite que os traballadores/as desempregadas poidan, entre outros servizos, renovar a tarxeta de demanda de emprego sen necesidade de ter que acercarse as oficinas adscritas, tal como declarou a portavoz socialista, Laura Celeiro.
Renovar a cartilla do paro sen necesidade de acudir á oficina de emprego é unha realidade que se pode facer grazas os puntos de información (PID) que instala o servizo público de emprego de Galicia.
Os puntos de información dixital son de fácil manexo e teñen unha apariencia e funcionamento moi similar os caixeiros automáticos dos bancos. Están ubicados xeralmente nas propias dependencias municipais e foron creados para aqueles cidadáns que teñen lonxe unha oficina de emprego ou non dispoñen de internet.
Para poder utilizar este servicio, as persoas interesadas deben ir a unha oficina de emprego para que se lles habilite a sua firma dixital. A partir de ahí, os demandantes poderán empregar calquera dos puntos de información dixital instalados nas catro provincias galegas para formalizar a sua renovación.
Hai que salientar que a instalación destos dispositivos dixitais forma parte das medidas que a anterior Consellería de Traballo puxo en marcha no ano 2005 para personalizar o proceso e a atención ó demandante de emprego,reducindo os engorrosos trámites burocráticos.
Outras utilidades do punto de información son o acceso as ofertas de emprego en difusión e o acceso a páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego.

1 comentario:

VPS dijo...

E logo, ¿qué traballo tan importante ten o desempregado como para non poder ir a oficina?

Mellor sería que alguén lles buscase traballlo ou asesorase.