viernes, 13 de noviembre de 2009

O ASNO MORTO CEBADA Ó RABO

O PSdeG-PSOE do Incio quere manifestar as seguintes declaracións respecto os comentarios efectuados polo Alcalde do Concello do Incio, Ángel Camino Copa respecto das obras de acondicionamento e mellora da estrada LU-641 que une Castroncán con Cruz do Incio:
En primeiro lugar, darlle a noraboa ó alcalde por darse conta e recoñecer, despois de máis de vinte anos que leva como rexedor do Concello do Incio, que a estrada que une Castroncán coa capitalidade do municipio se atopa nun total estado de abandono, con tramos de curvas perigosas.
Recordarlle o sr. Camino que foi necesario un goberno socialista na Xunta de Galicia que tomara conciencia das constantes reivindicacións dos veciños/as do Incio, que se lamentaban do mal estado deste vial, que lembremos é unha das principais vías de acceso á Cruz do Incio.
Foi a anterior Xunta de Galicia, a que acordou no mes de nadal de 2008 en xunta de goberno autorizar o gasto para que comenzaran as obras deste vial, por un valor de máis de 4 millóns de euros, así que non entendemos os galardóns que desmerecidamente se atribue o Sr. Alcalde.
É importante ter en conta que nun principio as obras de mellora só abarcarían á estrada 641 quedando en Sirgueiros, pero que novamente foi coa intervención dos socialistas que se decidiu proceder á mellora de preto de kilómetro e medio de estrada que une Sirgueiros coa Cruz do Incio, un tramo tamén de moita curva perigosa e firme en mal estado. (estrada LU 642)
Entre as obras de mellora deste vial de 15,2 kilómetros de lonxitude, reflexabase no proxecto un aumento sustancial da anchura media da estrada, que en determinados tramos chegaría ata os 10,5 metros, eliminación de curvas, así como a construcción de beirarúas, saneamento de algúns tramos firmes, dotación de alumeado públicos, instalación de drenaxes e señalización vertical e horizontal.
Queda claramente demostrado que os traballos non consistían unicamente na mellora de firme, balizamiento e señalización, tal como afirma o Sr Camino, de ser así non se entendería a inversión multimillonaria no acondicionamento deste vial.
O PSdeG-PSOE asemade insta á Consellería de Infraestructuras, Medio Ambiente e Territorio a que continue as obras iniciadas pola anterior Xunta de Galicia, en canto ó acondicionamento da estrada LU-642 (que une Oural con A Ferrería do Incio).
Lembrar que o anterior goberno socialista da Xunta de Galicia destinou 200.000 euros para o acondicionamento da estrada que une A Cruz do Incio con Hospital, agora a Xunta de Galicia debería continuar coas obras de mellora ata A Ferrería do Incio.

No hay comentarios: