
O Fondo Estatal de Inversións Locais (FEIL) suporá unha inversión en Lugo de casi 38.5 millóns. Esta cifra representa o 12,7 por cento do total de Galicia, 300 millóns dos 5.000 millóns que ten o fondo para toda España.
Con esta inversión, o Goberno pretende crear ou manter na provincia 1.500 empregos. Unha das novidades do novo fondo deste ano e que un vinte por cento da cantidade asinada a cada municipio poderá ser destinado a gastos correntes derivados da prestación dos servizos sociais.
Neste ámbito, darase prioridade os proxectos relacionados coa educación e a atención as persoas dependentes. O obxectivo é conceder unha maior liquidez os concellos para que fagan frente os seus gastos ordinarios nun momento no que se reducen os ingresos pola crisis. Isto supón para os concellos lucenses un total de 7,7 millóns.
O oitenta por cento restante, 30,7 millóns, destinaráse a inversións reais, pero un 20% poderá adicarse a equipamento das infraestructuras que se executen con cargo ó fondo estatal.
Os proxectos que se poderán financiar con cargo o Feil estarán relacionados coa sostenibilidade.
Un dos grupos centrase no ámbito económico, especialmente na creación de parques empresariais, científicos e tecnolóxicos, infraestructuras de innovación e desenrolo tecnolóxico e desplegue e acceso as redes de telecomunicacións.
No grupo relacionado co medio ambiente poden integrarse proxectos relacionados co aforro e a eficacia enerxética e de recursos híbridos; accesibilidade e uso das enerxías renovables, movilidade urbana sostible e reforzo de medios de transporte menos contaminantes.
O terceiro sector e no que se poden encadrar os proxectos é o de prestacións sociais. No que se poderán presentar plans relacionados con centros de servicios sociais, sanitarios, culturais e deportivos e o 20% do gasto corrente destinado a servizos sociais.
O Concello do Incio percibirá 228.538 euros do Goberno de Zapatero para o ano 2010.
No hay comentarios:
Publicar un comentario