jueves, 20 de mayo de 2010

NOTA DE PRENSA

O PSdeG-PSOE do Incio presentará unha proposta dirixida á Xunta de Goberno Local do Concello do Incio para que dende o Concello se cree un calendario de lecer dirixido os nenos e os maiores do municipio para os meses de verán. (xullo e agosto)
Dende o PSdeG-PSOE entendemos que é necesario que dende o Concello se estableza un programa de actividades dirixidos os nenos do municipio ó longo do tempo de vacacións. Os obradoiros poderían ir dende contacontos, papiroflexia ou incluso unha festa infantil con inchables e música, así como actividades deportivas, sen esquencer actividades formativas enfatizando no uso das novas tecnoloxías.
“O que se pretende é que os nenos da aldea teñan un abanico de actividades semellante a un neno que vive na cidade”.
Dende o PSdeG-PSOE do Incio creemos que paralelamente o Concello do Incio debería impulsar un calendario de actividades dirixidos os maiores do municipio que conforman un alto porcentaxe da poboación do Concello. Actividades que poderían ir dende talleres de cociña, manualidades, ata cursos para fortalecer a memoria dos nosos maiores, así como actividades de ximnasia e mantemento. “No Incio contamos cun parque biosaudable no que a xente da terceira idade podería realizar as actividades de ximnasia pero que non se usa porque os maiores descoñecen como empregar os aparatos que o compoñen, polo que sería necesario un monitor que lles ensinara a empregar os aparellos de ximnasia para logo ó longo do ano poder realizalos eles sós de xeito autonómo”.

No hay comentarios: