Francesco Negroni trasládase neste capítulo quinto de Vaia choio! ata O Incio, na provincia de Lugo. Alí o personaxe ao que dá vida o actor Simone Negrín traballará como mineiro.
Despois da información do tempo, o programa de reportaxes amosará como para o dandi italiano a nova xornada de traballo comezará ás oito da mañá. Sempre co seu traxe branco e pano a xogo cos zapatos, Francesco baixará á mina para perforar e dinamitar as paredes da montaña xunto aos seus novos compañeiros de faena. O fin é extraer o mineral, concretamente magnesita. Pero non acaba aí o choio dun mineiro tan especial. Pola tarde subirá á planta da factoría onde se machuca a pedra. Tamén traballará nos fornos de calcinación, que están a máis de mil graos de temperatura. E malia o casco de mineiro, Negroni non se desprenderá das súas inseparables gafas de sol.

FONTE A VOZ DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario