miércoles, 30 de junio de 2010

A CRUZ DO INCIO CONTARÁ CUNHA PRAZA LOGO DO DERRIBO DE DUAS CASAS DA LOCALIDADE

A Cruz do Incio contará cunha gran plaza despois do derribo das edificacións (que aparecen na foto superior), co que se acadará o espacio de uso público. A plaza construirase na rúa Quiroga Ballesteros e, situarase diante da casa consistorial.
O asunto foi levado ó pleno ordinario celebrado o pasado día 28 de xuño, e saiu adiante cos votos favorables do Partido Popular e as abstencións do PSOE e BNG.
Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE entendemos "que neste momento de dificultade económica non se deberían de gastar alegremente 50.000 euros das arcas municipais nunha finalidade de embelecemento e ornato da casa consitorial, cando en realidade se debería apostar por levar a cabo políticas activas para dinamizar o noso municipio. A praza pode ser fermosa, e de feito seguro que dará unha maior vista á casa consistorial ata o de agora escondida detrás das casas pendentes que serán obxecto de derribo, pero polo de agora a vista non da de comer".
O inmoble que se vai adquirir ten 62 metros cuadrados de planta, e ten un custo de máis de 50.000 euros.
No proxecto tamén se contempla a expropiación da casa contigua, de 87 metros cadrados de pranta, que se atopa fora de ordenación segun o PXOM.
No mesmo pleno plantexouse unha modificación de crédito para financiar a compra da vivenda, que foi aprobada cos votos a favor do Partido Popular e a abstención do PSOE e BNG.
FOTO: EL PROGRESO

No hay comentarios: