miércoles, 30 de junio de 2010

LICITADAS AS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA DO INCIO

O DOG publicou onte a orde de licitación para adxudicar o contrato da redacción do proxecto e a construcción das edificacións. O prazo de execución mínimo serán de 24 meses e o máximo de 26 meses dende o inicio das obras.
Da cordo coas disposicións establecidas pola IGVS, as vivendas de tipo unifamiliar e apegadas, contarán cunha superficie con 90 metros cadrados, e contarán con tres dormitorios, salón, cociña, baño e aseo, lavadoiro, tendeiria, garaxe e trasteiro.
As fachadas de construcción, deberán estar recubertas parcialmente de aplacado de granito e no resto de morteiro monocapa. As carpinterías exteriores serán de madeira lacada con dobre acristalamento e as exteriores, de madeira de carballo. Os pavimentos serán de tarima de madeira e de gres cerámico, dependendo das zonas.
O prazo de presentación de ofertas será de 26 días naturais contando a partir de hoxe.

No hay comentarios: