martes, 27 de julio de 2010

A DEPUTACIÓN APROBA MÁIS DE 22.000€ PARA AS COMUNIDADES VECIÑALES 2010 NO INCIO

A Deputación de Lugo vén de aprobar as obras veciñais correspondentes á anualidade 2010, por un valor que supera os 22.000€. Destas axudas serán beneficiarios os veciños da parroquia de Vilademouros (5051€) co que poderán acondicionar un camiño, os veciños da parroquia de Laiosa que poderán dispoñer de (5985€) para a mellora de camiños da parroquia, así como os veciños da parroquia de Rubián de Cima que (6975€) acondicionarán a fonte do pobo e un camiño. A última partida está destinada á Asociación xuvenil e cultural "Os Turulecas" da Cervela, que investirán a subvención na mellora da praza pública, e para o que concederon unha achega de (5175€).

No hay comentarios: