jueves, 23 de septiembre de 2010

GALLEGO DENUNCIA QUE A NOVA LEI DE AUGAS SÓ TEN UN FIN RECADATORIO

A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego presentou hoxe en rolda de prensa as 171 emendas parciais do PSdeG-PSOE ao anteproxecto da Lei de Augas de Galicia.
Gallego asegura que a normativa presentada polo Goberno de Feijoo “so ten fins recadautorios”.Di que ten coma finalidade utilizar aos concellos como recadadores, cobrar a persoas que obteñen a auga das súas propias traídas veciñais e subir os impostos a tódolos cidadáns en época de crise económica”.
A deputada explica que con esta proxecto de Lei a Xunta vai recaudar para as súas arcas un 97% mais en impostos, o que supón 68.5 millóns de euros para a administración autonómica. Criticou tamén que antes de fixar as taxas a Xunta non realice un profundo estudo en que, entre outras cousas, teña en cónta a demanda da auga en tódolos seus os usos, o custo financeiro da subministración e a avaliación dos custos ambientais.
Gallego replica tamén “que esta é a Lei que Galicia non necesita”, xa que entendemos que “en época de crise non se pode subir o prezo da auga a cifras da desaladora de Murcia”, ou un 120% mais cara que en Andalucía. Coas cifras na man dixo que o proxecto de lei da Xunta fixa o último tramo do prezo da auga en 0,41 euros o metro cúbico, a mesma taxa, dixo, que se aplica no Levante.
A deputada socialista sinala que as emendas do PSdeG-PSOE teñen coma finalidade converter o anteproxecto nun autentico Proxecto de Lei de Augas de Galicia. Aplicando os preceptos que marca a Directiva Marco da Auga para ter en conta aspectos como a demanda da auga na nosa Comunidade, así coma unha avaliación dos seus mananciais e dos seus recursos.
Subliña que hai que realizar unha tarifa de prezos aplicando os principios de equidade e progresividade. Indica ademais que nesa política de augas ten que haber uns principios para realizar un uso da auga responsable, baixo parámetros de eficacia e eficiencia. Ademais sinala que a Xunta ten que evitar a duplicidade de impostos, para que os cidadáns paguen os mesmos impostos independentemente de onde vivan.
Gallego dixo que a nova Lei de Augas non contempla a participación pública “algo vital que recollen tódalas directivas comunitarias.
Axencia Galega da Auga

Reclamou tamén que os concellos, as deputacións e os cidadáns formen parte da Axencia Galega da Auga, e que sexa este organismo público o que rexa a política da auga xa que é “ máis transparente e participativo”, explicou. Di que este novo ente esta máis sometido ao control público que un organismo autónomo como o que pretende crear a Xunta de Galicia.
Dende o PSdeG reclamamos “obxectivos de protección medio ambiental en materia de augas”, e “obxectivos de protección do dominio público hidráulico”. Ademais solicitamos a creación do Rexistro Xeral de Augas e o Rexistro de Zonas Protexidas, cumprido desta maneira os principios emanados da Directiva Marco da Auga e adicamos todo un título á Participación Pública e Dereito á Información Ambiental.
Argumenta que as propostas socialistas outorgan aos concellos a mesma representación numérica que á Xunta no Consello de Administración da Axencia Galega da Auga. Subliña que cada Deputación e cada Ente Supra municipal terán cando menos un representante e que os usuarios terán unha representación non inferior a 1/3 do total de membros do Consello de Administración.
Xa para rematar criticou que o Goberno galego utiliza a nova lei para derrogar a actual normativa de calidade das augas das rías, nese senso Gallego defende que se manteña esta lexislación.

No hay comentarios: