
A rebaixa que agora se fai será de aplicación para o ano 2011.
Agora dende o Goberno Local do Partido Popular, anunciase esta baixada a modo de "oferta", "ganga" vaia que no Incio se tira a casa pola ventá, e incluso o alcalde, amosou o seu desexo de que a reducción do IBI "sirva de exemplo" e sexa adoptada por outros Concellos.
Agora dende o Goberno Local do Partido Popular, anunciase esta baixada a modo de "oferta", "ganga" vaia que no Incio se tira a casa pola ventá, e incluso o alcalde, amosou o seu desexo de que a reducción do IBI "sirva de exemplo" e sexa adoptada por outros Concellos.
Pois ben, qué pena que non mencione que fai seis anos, o propio goberno local que agora se mostra fachendoso da baixada do imposto, subiu o tipo impositivo de urbana do 0.40% ó 0.60% (unha subida do 50% no tipo impositivo, ata o máximo legal permitido por lei).
O Concello de Sarria tendo a posibilidade de fixar un tipo impositivo máis alto, vén aplicando o porcentaxe do 0.52%.
Tamén se esquence o goberno local de mencionar os altos ingresos que este ano percibe o Concello do Incio, derivados da revisión dos valores catastrais conxugados coa aplicación do tipo impositivo máis alto legalmente permitido.
2 comentarios:
Non creades,que vai a perder cartos,ca cantidade de parcelas rusticas,que pasaron a ser solares (deberon pensar que apareceria un Florentino Perez,ou algo asi), pois solares si que deixaron pra facer "chalets adosados".Agora baixando o tipo impositivo o maximo e botandolle a culpa os demais,iste Alcalde pensa que ten todo solucionado; parece que o recaudado non fora na sua totalidade pro concello.
Totalmente dacordo contigo. O mércores día 3 ás 21:00 horas na Baioca teremos reunión informativa sobre o CATASTRAZO DO Incio. Saúdos e moitas grazas polo teu comentario!.
Publicar un comentario