miércoles, 6 de octubre de 2010

SUBE A TASA DA AUGA E O LIXO 1.8% NO INCIO

No pleno ordinario celebrado o pasado día 05/10/2010 aprobouse a Conta Xeral do ano 2009 cos votos a favor do Partido Popular e abstención do BNG e PSdeG-PSOE. No pleno tamén quedou fixado o calendario de festivos para ano 2011 acordo que se adoptou por unanimidade.
Outro punto da orde do día, foi a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por subministro de auga, modificación que saiu adiante cos votos favorables do Partido Popular, o voto en contra do BNG e a abstención do PSdeG-PSOE dende o Partido Socialista entendemos que "no Concello do Incio xa se paga un alto prezo pola auga, por tal motivo nestos momentos de dificultade económica deberíase conxelar a tarifa da auga e non repercutila nos veciños". Tamén no pleno se procedeu á modificación da ordenanza reguladora da taxa de recollida do lixo, proposta de alcaldía que foi aprobada cos votos favorables do Partido Popular, o voto en contra do BNG e a abstención do PSdeG-PSOE. Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE "entendemos igualmente que nestes momentos de asfixia que están sufrindo moitas familias a consecuencia da crise económica, non se pode agravar cunha subida de impostos por parte do Concello".

No hay comentarios: