martes, 28 de diciembre de 2010

A DEPUTACIÓN DE LUGO APROBA HOXE O PROGRAMA "LUGO EMPREGA"

Hoxe daráse luz verde ó novo plan de emprego, "LUGO EMPREGA", co que o organismo provincial reducirá o número de parados na provincia e aumentará a cooperación cos Concellos. Un ambicioso proxecto dotado con máis de 8 millós de euros, e que dará traballo a máis de setecentos desempregados de tódolos municipios de Lugo ó longo de 6 meses.
En palabras do Presidente da Deputación de Lugo: "É unha boa noticia para 2011 para a redución de emprego e cooperar cos motores da provincia e os nosos máis íntimos aliados: os Concellos. É un Plan que pola súa cuantía e ambición non ten precedentes en Galicia, e resposta ós retos do Presuposto do vindeiro ano. É unha aposta forte e decidida co que a Deputación dá un paso ó frente para solucionar un problema, porque cada emprego é un triunfo e unha verdadeira victoria ”.Para a adxudicación dos recursos, a Deputación terá en conta as taxas de poboación activa e de desempregados inscritos nos Concellos. O plan ten dous obxectivos: reducir o número de parados na provincia e aumentar a cooperación cos Concellos que están a pasar unha delicada situación económica, provocando unha redución na prestación de servizos públicos. Por iso, o perfil das máis 700 persoas que se contratarán serán, fundamentalmente, operarios oficiais que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter municipal.
Para a contratación do número de traballadores, hai dous casos diferenciados:
a) No caso dos municipios de máis de 5.000 habitantes e con máis de 500 persoas en paro, a Deputación asumirá o custe total da contratación, pero deberán ser as entidades locais as que se encarguen da selección dos traballadores, formalización dos contratos e adxudicación de destino ós beneficiarios co material necesario correspondente.
b) Nos de menos de 5.000 habitantes ou con menos de medio milleiro de desempregados, a Deputación non só financiará a contratación, senón que realiza a selección dos traballadores porque os Concellos pequenos non dispoñen de todos os recursos para facelo.
Cronograma do Plan
Gómez Besteiro confirmou que o Plan estará operativo a finais de xaneiro, de tal xeito que a contratación dos desempregados comezará na segunda quincena de febreiro. Un día despois de ser aprobado polo Pleno, que se celebrará o martes 28, a Deputación enviará por rexistro unha comunicación oficial a todos os Concellos para que se adhiran ó Plan, quenes terán un prazo de sete días para efectuar a súa decisión, que é absolutamente improrrogable.
Case 12 millóns para o emprego
“Lugo Emprega” súmase a outras actuacións coas que a Deputación reduce o paro na provincia, e que en total suman preto de 12 millóns de euros. É o caso do Pacto Provincial polo Emprego, dotado con 3,4 millóns. Neste caso, en xaneiro comezarase coa formación dos 540 desempregados que se insertarán laboralmente nas profesións con máis futuro na provincia, e que foron previamente diagnosticadas.

No hay comentarios: