jueves, 24 de febrero de 2011

A DEPUTACIÓN DE LUGO CREA UNHA LIÑA DE AXUDAS NO RURAL

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, presentaron o plan de axudas que vén de aprobar o Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) para seguir apoiando ó medio rural e ó sector primario. A través desta iniciativa, dotada con 600.000 euros, a Deputación executará 100 actuacións nos núcleos rurais da provincia, polo que non só aumentará o inventimento en obra pública senón que contribúe a manter os postos de traballo existentes. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que iniciativas coma esta cobran máis importancia, “xa que nun momento no que o rural está a atravesar un proceso complicado, está a asistir con desasosiego ante a despreocupación de determinadas administracións con noticias como que se reducen e se retrasan as axudas no campo, que as explotacións non poden acceder a fondos europeos porque se perderon por non telos investidos a Xunta de Galicia, que se reduce a política contra o lume en preto de 9 millóns de euros... Cando quen ten resposabilidades en medio rural só dá noticias negativas eu creo outros temos que trasladar unha mensaxe esperanzadora. De aí a creación destas axudas que poñeremos ó servizo do medio rural e das explotacións gandeiras”.
O máximo mandatario provincial explicou que, non só se trata dunha iniciativa sen precedentes na provincia, senón que a de Lugo é a primeira Deputación de Galicia que pon en marcha unha iniciativa destas características destinada única e exclusivamente a impulsar o rural e o sector agrogandeiro. Os obxectivos destas axudas das que se beneficiarán calquera asociación, agrupación de gandeiros ou de cidadáns sen ánimo de lucro, son tres:
1.- Mellorar a calidade de vida no medio rural e facer máis competitivas as explotacións da provincia.
Na actualidade, na provincia existen máis de 8.000 explotacións gandeiras, polo que este sector é un dos piares principais da base da economía de Lugo. Precisamente, para facer que estas sexan máis rendibles, estas axudas destinaranse ó acondicionamento dos accesos ás explotacións, á mellora saneamento dos núcleos rurais, dotándoos de equipamento e servizos básicos que ata o de agora non dispoñían deles como a construción de bebedoiros para animais ou a instalación de sumidoiros onde non hai nestes momentos, etc.
2.- Frear o despoboamento poboacional. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, a provincia encabezou en 2010 o retroceso demográfico ó perder case 3.000 habitantes.
“Unha das grandes obsesións que ten a Deputación este ano é intentar conciendair do problema de despoboamento desta provincia. Con estas obras conseguiremos que haxa unha actividade constante no medio rural”.
3.-Crear postos de traballo.
A través destas axudas executaranse un cento de obras nas que como mínimo traballarán tres persoas en cada unha, polo que a Deputación dará traballo a 300 persoas,
As axudas convócanse en réxime de concurrencia competitiva e a contía de cada subvención non poderá superar a cantidade de 6.000 euros, nin exceder o 75% do importe do proxecto subvencionable. O 25% restante será aportado polos solicitantes. O prazo para a solicitude das axudas remata o vindeiro 10 de marzo.

No hay comentarios: