viernes, 1 de abril de 2011

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN VÉN Ó INCIO RECIBIR ÓS SETE TRABALLADORES DO LUGO EMPREGA

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse ó Concello do Incio, onde recibiu ós sete seleccionados do Plan Lugo Emprega que comezaron a traballar este venres nas áreas verdes que xestiona a Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA). A Deputación desenvolveu un plan específico para este municipio ante a decisión manifestada polo Alcalde, Ángel Camino, de rexeitar sumarse á iniciativa impulsada polo organismo provincial coa que 711 parados da provincia atoparon traballo. Por este motivo, a institución luguesa aprobou unha encomenda de xestión a SUPLUSA para que asumise a selección e a contratación dos desempregados. Gómez Besteiro destacou que “é difícil de entender que un Alcalde provoque que os seus veciños se sintan discriminados. Nós sabemos cal é nosa responsabilidade. Por iso, decidimos que Sociedade Urbanística asumise estes traballadores. Estamos nun momento no que calquera administración ten que pensar en dar emprego á xente. Por iso, non podiamos permitir que Incio quedase fóra do Plan”. Un total de 85 persoas participaron no proceso selectivo que, ó igual que nos outros municipios, consistiu nunha proba de coñecemento sobre as tarefas para as que os resultaron contratados, e unha entrevista persoal. As sete persoas traballarán, durante 6 meses, realizando traballos de mantemento e mellora das áreas verdes que xestiona SUPLUSA en Vilasouto e o río Mao. É dicir, actuarán no encoro do Val de Lemos que abastece auga a Monforte de Lemos. Ademais, tamén se encargarán do inicio das obras de recuperación da Casona situada na zona coñecida como polígono 1. As dúas excepcións O Concello do Incio, xunto co de Lourenzá, foron os únicos que non quixeron adherirse ó programa de emprego da Deputación. Unha vez aproado en Pleno, co voto en contra do Partido Popular, o organismo provincial enviou por rexistro unha comunicación oficial a todos os municipios para que se sumasen ó Plan. Neste documento, dábase conta de todos os pasos a seguir, o reparto dos contratados en función da taxa de poboación activa e o número de desempregados de cada municipio. Todos os municipios respostaron satisfactoriamente en tempo e forma, agás o de Incio, cuxo rexedor remitiu unha comunicación na que recoñecía que “non se lle podía esixir a un Concello a contratación deste persoal para o que non se dispón de traballo”. Con todo, déronselle dúas oportunidades para que reconsiderase a súa postura e aceptase ós operarios. Finalmente, o Alcalde decidiu prescindir definitivamente destas persoas. No caso de Lourenzá, o Alcalde, Vidal Sierra, malia asinar nun principio o convenio de adhesión, tampouco quixo contratar ós 7 seleccionados. Ante esta situación, o organismo provincial reorientounos ós Concellos limítrofes de de Barreiros, Trabada, Foz, Mondoñedo e Riotorto. Destes, todos confirmaron a súa admisión, agás os dous primeiros. Deste xeito, a distribución, para a que se seguiron os mesmos criterios que foron empregados para a elaboración do Plan –proporcionalidade e o número de habitantes- quedou do seguinte xeito: 4 en Foz, 2 Mondoñedo e 1 en Riotorto. Todos os traballadores xa están a pleno rendemento. En total, o organismo provincial inviste na contratación dos 7 desempregados destes dous municipios 152.324 euros. O Plan dispón de 8 millóns de euros e non aumenta a débeda pública, xa que está financiado ó 100% con fondos propios.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Buenas tardes. Ante todo darle las gracias a Laura; en mi nombre y en el de mi mujer, por la visita( a nuestro local, el Mesón-Restaurante A baioca, de Incio)del Presidente de la Diputació.
Aunque la visita fue corta; ya que lo estaban esperando en el Valle del Mao,tuve la oportunidad de conocerlo.
Quisiera comentar algo al respecto de esta visita. Me ha parecido, humillante y rastrera la actitud de nuestro Alcalde en relación a esta visita y a la negativa de sumarse; como lo han hecho otros Minucipios de Galicia, al Plan: Lugo Emprega.
Pero Sres. ¿ En que país estamos viviendo ? No se dá cuenta este Sr. de como está la situación actual; y aún más, como está la situación de este Minicipio de Incio?.
Que mentalidad tan pobre; me dá pena. Después de 6 años que llevo viviendo en Incio, todavia no he visto nada que sea igual a la palabra: PROGRESO.
Todo lo contrario. Cada vez estamos más retrasados con respecto a otros Municipios que circundan Incio. Ni siquiera a estas alturas del siglo; aquí se puede hablar con Libertad. Todo se basa en una Ideologia; creada por él mismo dentro de su Feudo.
No sirven los Derechos Fundamentales ni nada de lo que contempla la Constitución; es su LEY. ¿ Como podemos explicarle, a esta Criatura de Dios, que las cosas no se miden por la Ideologia ? Tarea dificil, a estas alturas de su vida. Decia mi abuelo que cuando una planta sale torcida, se tuerce para el resto de sus dias....., y que razón tienen sus palabras.
Necesitamos ver un poco de progreso, de avance y de apertura para que entre todos podamos salir adelante. Si, adelante, y hoy en dia es lo único que debemos de pensar. Las pocas familias que hoy tienen hijos en nuestro Municipio, seguramente se preguntarán esto y otras muchas más cosas, por que tienen algo por lo que necesitan luchar y algo que les allane el camino a sus hijos.
Los que no tenemos hijos, lo miramos quizás de otro modo, pero también pensamos en los que tienen hijos. Nosotros también queremos que las cosas vayan bien, que todos podamos dar nuestras opiniones - y no estar pendientes de si el de al lado, en cuanto nos deje; vaya corriendo a la Casa Consistorial a dar el Boletín Noticiero -, que veamos como la economia del Minicipio va creciendo y que la poca gente joven que queda; pueda decir: Me quedo aquí, por que veo futuro.
Es muy simple. Con esfuerzo, trabajo y con la colaboración de todos; y cuando digo de todos, vale cualquier ideologia, por que esa es la pluralidad que nos dá la Constitución.
Mi apoyo incondicional y el de mi mujer; Carmen, a todos aquellos que ahora están activando el cambio en el Minicipio.
Gracias.
Eugenio Rodriguez Carreira y Quiroga Queipo de LLano Montenegro.

osdaencomenda dijo...

nbhul

osdaencomenda dijo...

mensaxe

osdaencomenda dijo...

O Incio é un Concello que non dispón de traballo porque ten unha renta per cápita moi alta, xa solo hai terratenentes e criados. Dito isto, ahora, hai "plantas" que, si son tortas, é porque nos queremos.
Ademáis como vai haber traballo no Incio si esa planta tan torta o fai todo?? Qué planta mais traballadora??, que dispón de todos istes cargos: Alcalde, Consejero do parque eólico do Incio, Presidente do mesmo parque, Consejero territorial de Caixanova en Coruña, Secretario do control da mesma Caixa, Patronato da Cámara de Comercio de Lugo,entre outros.
Actividades: Condecorador de medallas de ouro ó condenado polo Tribunal Superior Xusticia, por estafar os noso maiores.
Proyectos, que debido a planta torta fracasaron: Casa de Romariz,unha inversión millonaria,e ahora ¿dónde estan eses postos de traballo????.
Hotel balneario da Ferrería, subvencións millonarías,estamos buscando a "mi carro" con la pasta.
Hotel Vilasouto, pechado, pendente da súa compra polo Mario de los Condes, que ahora ten una casiña na terra de Ourense, onde hai un viveiro que conten bastantes plantas tortas.
Promociones de vivendas no Incio, por algo lle vendeo o cementerio.
Un saúdo, Os dan encomenda.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.